lunes, 9 de enero de 2012

ROBALIZAS TAPADAS


ROBALIZAS TAPADAS

de LARPEIROS, el Lunes, 9 de enero de 2012 a la(s) 13:40
INGREDIENTES (para 5 persoas):
5 robalizas de ración
2 cebolas tenras
1 pemento verde
1 pemento vermello
2 tomates maduros
Aceite,  viño branco
Allo, sal
E para  acompañar:

Un brécol
1,5 quilos de mexillóns
4 patacas medianas
2 cenouras
Aceite e sal

Para empezar, imos cocer os mexillóns:
Poñemos no  lume unha  tarteira ampla cun fondo  de auga e botamos os mexillóns, lavadiños,  a  cocer.
Cando abren xa están e as pdoemos retirar a un bol.
Imos reservar unha pouca auga da súa cocción.
Comprobar que as robalizas están  limpas e  escamadas. Podemos poñerllles xa un ha  areiña de sal.
Preparamos  as verduras:
Cortalas en xuliana fina. Comezar co allo e as 2 cebolas tenras. Despois os pementos e os tomates.
Prender o forno a 180º.
Coller a bandexa do forno. Colocar as robalizas, as verduriñas por enrriba, botar viño branco, un pouco caldo dos mexillóns e un pouco aceite. Agora queda tapalas con papel de forno ou de aluminio (así vanse facer co seu vapor).
Deixar no forno (xa quente)  entre doce e quince minutos.
Mentres,  preparamos o  acompañamento: imos cocer o brécol, coas patacas e a cenoura e logo ímolo xuntar cos mexillóns.
Empezamos por colocar no  lume unha  tarteira con auga e  sal. Cortamos as flores de brécol e lles damos unha cocción  breve de catro-cinco minutos. Tamén cortamos as patacas en dadiños e botamos as cenorias. Deixamos cocer destapado.
Mentres cocen, imos ir escunchando mexillóns.
Pasados os 5 minutos retiramos as verduras a un bol coa axuda dun escoador e as reservamos.
Cando pasaron os 15 minutos do forno, abrimos e retiramos  a bandexa, destapamos as robalizas.
Toca poñer todo na fonte de servir: as robalizas, as verduras e os mexillóns.
Reducir un pouco o prebe que se fixo na bandexa para despois engadirllo porriba (podese engadir fariña milla).
Napar todo coa salsa e listo!

No hay comentarios: