BICA DE CABAZA

de LARPEIROS, el Lunes, 9 de enero de 2012 a la(s) 13:40
INGREDIENTES (para 5 persoas):
500 grs de cabaza
5 ovos
1 iogur natural
3 vasos (de iogur) de azucre
1 vaso (de iogur) de  fariña
1 vaso (de iogur) de aceite de xirasol
1 limón 
1 sobre de levedo químico
Manteiga

O primeiro é cortar a cabaza en cubos pequenos, para poñela a cocer uns quince minutos.
Cando xa estea cocida toca escoala ben
Prender o forno a 180º.
Coller un vaso alto, colocar a cabaza nel, e tamén os outros ingredientes:
5 ovos
1 vaso de iogur
3 vasos de iogur de azucre
1 vaso de iogur de fariña
1 vaso de aceite de xirasol
Relamos a casca do limón, ben lavadiño, sobre un prato e botámoslle as reladuras ao  conxunto.  
Engadimos  o sobre de levedo,  que  axudará a   que quede mais  esponxado.
Mesturamos todo  coa batedora.
Ir poñendo manteiga no molde.
Botar mestura dentro do molde.
Meter no forno uns 45 minutos a 200º.
Pasado o tempo se pica a bica de cabaza cun escarbadentes longo, se sae limpo é que xa está lista.
Se retira do forno e se deixa arrefriar.
Para darlle un último toque, podese adornar con azucre moida.
 ·  · Compartir